ACE esixe primar a calidade no concurso dos comedores escolares que prepara o Concello

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida pide que se prime a calidade no concurso dos comedores escolares que prepara o Concello. Faino logo de confirmar está mañá na Comisión na que se tratan os temas de Educación que o Goberno local está a traballar nos pregos do concurso para a prestación dos comedores escolares, que debe quedar adxudicado e entrar en funcionamento en xaneiro de 2017.

Tal como se lle informou ao voceiro de ACE-EU, Carlos Portomeñe, o proceso está en fase de elaboración do borrador de prescripcións técnicas, e o servizo de Educación xa está coordinado co de Contratación para avanzar no resto de pregos. A este respecto, dende a formación solicitanlle ao Goberno local “premura premura para cumprir os prazos comprometidos, pero a prioridade debe ser a calidade do servizo”.

Portomeñe pide que se apliquen todos os mecanismos legalmente posibles para primar a calidade sobre a oferta económica, como se ven facendo noutras administracións do Estado para garantir menús saudables.

“É perfectamente viable apostar polas cláusulas sociais e puntuar ata o máximo permitido a eliminación de frituras, comidas precociñadas e os alimentos menos nutritivos; así como o aumento de froitas e verduras de temporada, a incorporación de productos ecolóxicos, unha maior rotación dos menús e mesmo a supresión do emprego de envases de plástico para conservar e quentar a comida”, apuntou Portomeñe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com