O Consello da Xunta aprobou a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras, en Lugo, co obxectivo de dar unha máis áxil resposta ás necesidades que mostra o mercado no proceso de comercialización do solo empresarial deste parque. A modificación puntual do proxecto sectorial permite flexibilizar as condicións establecidas nas súas ordenanzas para axustalas á demanda real.
Coa modificación aprobada, permítense compatibilizar determinados usos industrias e comerciais nas parcelas inicialmente destinadas en exclusiva a un tipo de uso, con criterios moi restritivos e que dificultan a implantación de empresas que desenvolven as dúas actividades en parcelas que non están cualificadas como de uso mixto. A modificación facíase imprescindible unha vez que boa parte do solo cualificado como mixto está xa vendido e unicamente quedan neste sectorparcelas de tamaño grande.
O parque empresarial das Gándaras conta con preto de 150.000 metros cadrados de superficie de uso industrial, máis de 157.000 metros cadrados de uso mixto e preto de 76.000 metros cadrados de superficie de uso terciario.
Ademais, modifícanse outras normas para adaptarse á lexislación vixente, relativas á limitación de superficie máxima para determinados usos, parcelacións, segregacións, etc., para adecualas á lexislación vixente.
As modificacións introducidas no proxecto sectorial afectan unicamente as súas ordenanzas do mesmo, polo que non introduce ningún cambio nas superficies ounúmero de parcelas do parque empresarial das Gándaras.