A Deputación asina con 66 concellos o plan Depuemprego e axudas no fogar para 1.800 persoas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asinou este venres cos Alcaldes dos 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes os seus respectivos convenios (un total de 132) do DEPUEMPREGO e do Servizo a Domicilio. Isto supón que o organismo provincial financia con 3 millóns de euros a contratación de 263 novos postos de traballo (os perfís que solicitaron cada municipio) e con 1,5 millóns de euros os custos e melloras (as que cómpren os usuarios de cada Concello) das Axudas no Fogar de máis de 1.800 lucenses.

Co DEPUEMPREGO, a Deputación concede aos Concellos subvencións de entre 27.000 e 67.000 euros para financiar os custos laborais de novos traballadores cos que reforzar as prestacións públicas municipais aos veciños. A distribución destes fondos fíxose en base aos seguintes criterios obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais.

Durante as últimas semanas, os municipios trasladaron á Deputación as súas respectivas necesidades laborais, que foron recollidas en cadanseu convenio, aprobados hoxe todos polo Executivo Provincial na Xunta de Goberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com