Cogami expón en Santiago obras de usuarios de Lugo e Monterroso

Dende o 23 e ata o 29 de setembro, a Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura acolle unha mostra formada por 14 obras de pintura e 2 pezas de escultura, realizadas e deseñadas todas elas por persoas con discapacidade dos centros de recursos de Fingoi e de Monterroso que forman parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Esta mostra representa o peche do programa EnREDarte, un proxecto financiado pola Consellería de Cultura, que iniciou coa intención de achegar diferentes disciplinas artísticas ás persoas con discapacidade.

Todas as persoas que participaron nas obras que se mostran, desprazáronse ata a Cidade da Cultura para poder ver exposto o seu traballo e explicarlle ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, como participaron neste proxecto. O perfís dos artistas son persoas con discapacidade física e/ou intelectual, a maioría delas mantiveron neste proxecto o primeiro contacto con esta disciplina artística.

Dende COGAMI, quérese destacar que esta mostra, que ten por título COGAMI: ARTE CAPAZ, é un exemplo de que, coas adaptacións precisas, todas as persoas teñen capacidade para experimentar o que se propoñan. Reflexo disto é que a exposición acolle obras pintadas cun licornio, que é un cabezal cun punteiro, outras pintadas cun rodete palmar, con atrís que servía de apoio ou con soportes de lenzo abatibles. Outras están pintadas cos pés e coa cabeza, en definitiva, todas as persoas participaron no programa, sen exclusións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com