Con motivo do evento deportivo 53 Gran Premio Ciclista Milagrosa 2016, que se celebrará maña, día 24 de setembro, e que se desenvolve integramente pola Avenida Infanta Elena, levarase a cabo un plan de tráfico que leva o corte dunha serie de rúas, concretamente:
Corte total do tráfico na glorieta da Avenida Infanta Elena na súa intersección coa Rúa Alexandre Bóveda e outro na intersección desta avenida coa Rúa Río Narla.
No outro extremo do percorrido, levarase a cabo un primeiro corte no carril dereito, en sentido de entrada á cidade, na intersección desta avenida coa Avenida Paulo Fabio Máximo e un segundo corte total coa Rúa Garaballa de Arriba.
Cortarase ao tráfico o último tramo da Rúa Monte Faro, á altura de Rúa Pai Gómez, excepto residentes.
Corte do acceso desde o Parque da Milagrosa á avenida a través da súa única saída da vertente este e tamén á altura da intersección coa Avenida Infanta Elena.
Corte do acceso ao viario de ligazón de Róldaa Norte coa Avenida Infanta Elena á altura da citada rolda e na intersección do viario de ligazón coa glorieta circular da avenida Infanta Elena.
Este plan de tráfico iniciarase sobre as 14:30 horas ata a súa finalización.