Empate do Lugo que suma un novo punto

O CD Lugo enfrontábase esta tarde ante a UD Almería no Estadio dos Xogos Mediterráneos. O encontro arrincaba con opcións de aproximación para ambos equipos, e era Fidel quen primeiro o tentaba, co disparo inaugural da tarde. Minutos despois era Iriome, que tamén probaba fortuna en solitario. O peso do partido pertencía ao CD Lugo, que se achegaba ao tanto con dúas accións de Joselu que obrigaron á zaga andaluza a abortar o perigo con contundencia.

O partido repartía momentos para ambos conxuntos, mentres os de Luís César apostaban pola posesión e a circulación entre os seus homes máis creativos, a UD Almería mantiña fixa a súa proposta de chegada en poucos toques, sobre a iniciativa de Fidel e Quique. O final da primeira metade mantiña o equilibrio entre ambos equipos, cunha UD Almería que buscaba a sorpresa por carrís interiores, e un CD Lugo atento ao ataque aos espazos, e que tivo en dúas aproximacións de Caveira e de Ignasi Miquel, as súas mellores tentativas para inaugurar o marcador.

Xa na segunda metade e dende o seu inicio a UD Almería mostrouse moito máis ambiciosa na procura da portería rival. Pola súa banda, o CD Lugo retomaba a iniciativa no partido, adiantando posicións sobre campo rival, e aproximaba aos seus homes máis perigosos ás inmediacións da área andaluza. Pedraza buscaba o tanto de disparo cruzado, pero Casto detiñao con seguridade para terminar coa mellor ocasión tras a volta de vestiarios.

Co paso dos minutos era Ximo Navarro quen rozaba o tanto, e a continuación, era Joselu quen trataba de abrir a lata de media tesoira, que finalmente non lograba concretar con éxito. A batalla por adiantarse no marcador, condicionaba a disposición dunha UD Almería que se debatía entre a presenza en campo rival, e o peche de espazos para evitar as combinacións interiores dun CD Lugo superior co esférico da súa parte.

A pesar dos intentos duns e outros, o choque non sairía do empate inicial, e a repartición de puntos. Con este resultado o CD Lugo suma un novo punto e segue sen coñecer a derrota na presente tempada.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com