Núñez Feijoo gaña as eleccións repetindo os resultados de 2012

Os populares conseguiron a maioría nas catro provincias e repiten o resultado alcanzado no 2012 con 41 deputados.
O partido instrumental En Marea e o PSdG empatan a catorce escanos e so falta saber as porcentaxes de votos para ver quen lidera a oposición. O BNG perde un deputado pero terá grupo parlamentar propio.

Con Francisco Conde, cabeza de lista dos populares por Lugo, estarán no Parlamento Galego pola provincia: Encarna Amigo, Raquel Arias, José Manuel Balseiro, Sandra Vázquez, Daniel Varela, Susana López e Jaime Castiñeira. Daniel Vega o número nove da lista podería entrar no parlamento se Raquel Arias renuncia ao escano para seguir á fronte da Delegación da Xunta en Lugo, como xa sucedeu noutras lexislaturas.

Os deputados das outras formacións son:

PSdG-PSOE

Luís Álvarez, Concepción Burgo, José Quiroga.

EN MAREA

Luís Villares, Paula Vázquez.

BNG

Olalla Rodil.

 

Novas relacionadas

Os comentarios están pechados


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com