Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

Fernán Vello di ser vítima dunha “campaña de caza” do PP e descúlpase polo seu chío

O deputado de En Marea pola provincia de Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, di sentirse vítima dunha “campaña de caza” por parte do Partido Popular, despois de que esta tarde deputados galegos do PP pediran a súa dimisión por un chío no que o lucense cualificaba como “ignorante” o pobo galego trala vitoria do PP.

“Un PP inzado de corrupción, cunha Rita Barberá que aínda non demitiu, atrévese a perseguirme por un chío de tw desafortunado. Ridículo!”, recollía Fernán Vello na súa conta de Twitter, onde denunciaba ademais que senadores e deputados do PP galego “están a tratar de lincharme por un tuit que rectifiquei mentres eles non rectificaron a corrupción”.

A polémica saltaba esta mañá cando o deputado lucense de En Marea publicaba o seguinte chío: “Estraño pobo o noso: escravos que votan ao amo, ao señorito, ao cacique, ao que manda, aos de sempre. Pobo alienado e ignorante. Triste”. A mensaxe xa foi eliminada e o deputado xa pediu desculpas polo mesmo.

O deputado de En Marea aclarou que “rectificar é preciso” xa que “en quente podemos expresar ideas desacertadas”. “O pobo falou e ten todo o meu respecto, as miñas desculpas se ofendín”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com