A praia das Catedrais convertiuse dende hoxe e até mañá nun plató de excepción para a rodaxe de varias secuencias dunha series de máis sona en Corea e en China, The legend of the blue sea. Esta mañá eran centos os curiosos que se achegaban ao areal de Ribadeo para contemplar unha das escenas que poderá vese nas canles de medio mundo a partir do próximo 16 de novembro.
En dita secuencia, os dous personaxes principais da serie protagonizaban unha persecución a través dun campo de millo que remataba cos protagonistas tirándose por un cantil, un momento no que as cámaras aproveitan para captar unha panorámica da praia.
Entre as persoas que hoxe acudían ao set de rodaxe atopábase o alcalde de Ribadeo, Fernándo Suárez, que sinalaba que o feito de poder protagonizar unha escena desta exitosa serie “é unha hora para todos os galegos, para todos os da Mariña e para todos os veciños de Ribadeo”.
Suárez revelaba ademais a razón pola que os produtores da serie recalaron no areal lucense para gravar esta secuencia. “Fixáronse nunhas gravacións que realizou unha xente de Corea que estivo hai un tempo aquí. Un membro da produtora fixouse nese momento neste espazo marabilloso e decidiu trasladar a rodaxe aquí, a Ribadeo”, explicaba o rexedor.
Ademais, o rexedor recoñeceu o impacto económico que este feito está tendo no Concello. “O equipo está formado por cento e pico persoas que dormen en Ribadeo e noutros concellos da comarca sen dúbida é un impacto económico positivo que nos alegra moito e nos anima a seguir traballando”, engadía.
Set 29, 2016 - 08:36 AM
A serie non arrasa en ningún lado porque ainda non se estrenou, será a mediados de noviembre. E non arrasará sólo en China e Corea, porque o alcance e o éxito das series coreanas chega a todos os recunchos do mundo, incluidos países tan dispares como os Emiratos Árabes ou Estados Unidos.
O que garante o éxito desta serie en concreto é o regreso de Lee Min Ho á televisión e que é a súa última serie antes de entrar ó servicio militar que o mantendrá 2 anos lonxe das pantallas. Tamén o retorno da actriz principal despois de 3 años é un grande aliciente. Eles son grandes estrelas en Asia.
En realidade, o que escribiu a noticia non ten nin idea da importancia real do que está sucediendo nas Catedrais. Hay que investigar un poco máis, porque a nosa terra chegará á todo o mundo.