O Concello di que non haberá problemas de tráfico

O voceiro do Goberno do Concello de Lugo, Miguel Fernández, confía en que non haxa problemas de tráfico pola reducción de prazas de estacionamento durante o San Froilán, tal e como denunciaron nos últimos días algúns grupos da oposición. Fernández lembra que técnicos municipais elaboraron un plan especial de tráfico para solventar esta cuestión que recolle a habilitación de catro aparcamentos disuasorios e un reforzamento das liñas de autobús urbano.

Pola contra,  dende o BNG lembran que coa montaxe das infraestruturas do San Froilán e o peche do espazo do hospital de San Xosé a cidade ten “un grave problema de carencia de aparcadoiros”. Neste sentido, o voceiro dos nacionalistas, Rubén Arroxo, apostou de novo pola creación de aparcadoiros disuasorios en terreos privados que están situados en lugares con gran demanda para o estacionamento de vehículos.

O voceiro do BNG lembrou que esta proposta xa foi presentada en numerosas ocasións pola formación que representa e aprobada por unanimidade no pleno do mes de febreiro e “a pesares disto o goberno municipal non fixo absolutamente nada”.

Para Rubén Arroxo “a alcaldesa debería estar chegando a acordos cos propietarios de terreos privados que non teñen uso para convertelos en aparcadoiros disuasorios” e sinalou que xa trasladaron unha proposta concreta para converter seis terreos, que suman un total de 13.000 metros cadrados  en aparcadoiros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com