A Garda Civil investiga tres testemuños que situaron a Diana Quer en Lugo, Pedrafita e Castroverde

A Garda Civil estuda a veracidade de tres testemuñas que situaron a Diana Quer en Lugo, Pedrafita do Cebreiro e Castroverde. Segundo puido confirmar Xornal de Lugo mediante fontes oficiais, trátase de tres chamadas que presuntamente viron á rapaza en Lugo, no barrio da Milagrosa; en Pedrafita nun restaurante e nunha librería e un restaurante de Castroverde.

As chamadas foron recibidas nas últimas semanas e constitúen uns dos centos de avisos que recibiu a Garda Civil dende que o caso saltou á exposición pública situando á moza en diferentes lugares da xeografía galega e española. Ningunha das persoas asegurou estar vendo a Diana Quer no momento da chamada, senón que argumentaron que a viran en días previos neses lugares.

A persoa que viu á rapaza na Milagrosa asegurou que estaba acompañada dun grupo de xente, mentres que as outras dúas aseguraron que a moza estaba acompañada dun home maior.

Diana Quer desapareceu hai máis dun mes no concello da Pobra do Caramiñal. Dende entón a Garda Civil realiza unha investigación para poder dar co seu paradoiro, sen que de momento dera ningún froito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com