Suplusa aproba un cambio de estatutos para xestionar as residencias provinciais

A reunión Extraordinaria da Xunta Xeral da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa) acordou ratificar de forma definitiva as modificacións dos seus estatutos propostas polo Partido Popular que habilitan a esta entidade para poder xestionar as residencias provinciais.

Trátase dunha modificación que rexeitaba o Goberno da Deputación, que estirou os prazos legais para evitar a convocatoria de dita xunta xeral. Con todo, a voceira popular Elena Candia celebrou que “por fin conseguimos ser convocados e que os estatutos se adapten á Lei de Servizos Sociais para poder xestionar as residencias o que suporá un desbloqueo desa situación. Creo que é unha boa nova para concellos como Castroverde ou A Fonsagrada que teñen unha residencia xa practicamente rematada”.

Candia explicou que o que pretende o seu partido é “desbloquear esta situación” e buscar unha forma de traballar máis áxil centrada no Consello de Administración e máis operativa cun único obxectivo: que a sociedade sexa útil á provincia e poder deste xeito acometer proxectos que interesan aos Concellos. “A aprobación foi moi contundente, todos os artigos que propuxemos foron aprobados como mínimo con 13 votos e algún deles, a maioría tivemos un apoio do BNG, o que vén a apuntar que efectivamente a modificación melloraba o funcionamento da administración”, destacou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com