Lugo celebra a VII Noite Aberta Open Night

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación Municipal, asistiron este venres ao desfile de moda que inaugurou a VII Noite Aberta Open Night, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo. O Concello vai da man unha vez máis das autónomas con esta iniciativa que impulsa o comercio de proximidade e de calidade, ao tempo que dinamiza a vida de Lugo. No desfile tamén estivo presente a presidenta deste colectivo, Nora Real, así como o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos.

Participaron 90 establecementos do centro da cidade, identificados cunha alfombra rosa, ofrecendo importantes descontos nos seus produtos. Ademais, nos propios locais houbo actuacións en directo, cátering ou coctelería, contando con invitados especiais, como Belén Correa, directora da revista Galicia De Moda, ou a modelo e presentadora Paloma Lago.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com