Lugo acada 10 millóns da Unión Europea para mellorar a conexión da cidade co río

A cidade de Lugo recibirá dez millóns de fondos europeos para financiar proxectos do programa Muramiñae, destinado a mellorar a conexión do casco urbano co río Miño nos próximos catro anos.

Entre os investimentos aos que se dirixirá este investimento destacan o de peonalizar a Calzada da Ponte, mellorar os accesos ao estadio Anxo Carro, revitalizar a zona do Carme, buscar emprazamentos para unha futura praia fluvial ou poñer en valor o patrimonio histórico do camiño de Santiago.

Ademais deses 10 millóns o Concello aportará ao proxecto un mínimo do 20% dos fondos consignados por Europa, co que o orzamento das actuacións poderán superar os doce millóns de euros. Segundo a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a cidade e os seus habitantes “están de noraboa” e resaltou o traballo do equipo de Goberno á hora de realizar este proxecto que finalmente logrou acadar financiamento europeo.

PP e Lugonovo piden concreción

Dende o PP celebran que a cidade resultara beneficiaria destes fondos europeos aínda que urxen ao Goberno local a definir exactamente que proxectos se van acometer con estes cargos.

Para a concelleira popular Isabel Devesa é unha “boa oportunidade” para impulsar proxectos pendentes como a praia fluvial ou a recuperación de edificios próximos ao río.

Mentres, dende Lugonovo cren que se trata dunha “magnífica noticia para a cidade”, aínda que remarcan a necesidade de priorizar aquelas actuacións máis necesarias par a cidade, como a recuperación do barrio do Carme ou apostar pola peonalización e a creación de carrís bici.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com