San Froilán, de Xulio Xiz, na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital

Galicia Digital, con motivo da festa de San Froilán, incorpora á súa Biblioteca Virtual o libro SAN FROILÁN, de Xulio Xiz.

Publicado pola Xunta de Galicia, con motivo do Xacobeo 99, é un percorrido pola historia e a lenda de Froilán, o lucense que acadou a santidade, padroeiro de Lugo e de León, visto especialmente desde a súa perspectiva humana, con atención especial ao seu paso por este mundo estudando, predicando, facendo prodixios…

No caso de Froilán, a lenda domina a cotío á propia historia, que por mor do tempo transcorrido, naceu no lucense Regueiro dos Hortos o ano 833, provoca distorsións e silencios, desalumeamentos e paixóns, que só a lenda pode abranguer pero en nada diminúen a realidade da existencia do santo, e a devoción especial que Lugo sente polo seu padroeiro.

Desde agora, a través da Biblioteca Virtual de Galicia Digital pódese acceder ao contido íntegro do libro, para a súa consulta ou impresión. Asemade invitamos a todos os autores que posúan libros esgotados ou de difícil acceso e que os queiran poñer ao dispor do público, contacten Galicia Digital para a inclusión nesta Biblioteca, de acceso gratuíto, para que as súas obras non queden no esquecemento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com