Lugo lidera a suba do paro en Galicia

Sobe o paro rexistrado na provincia de Lugo durante o mes de setembro. Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego, a nosa provincia liderou o aumento do paro en Galicia ao medrar un 3,14% mentres en Galicia o desemprego só creceu un 0,67%.

Deste xeito, en Galicia hai unhas 1.300 persoas máis nas listas do antigo inem que no mes de agosto, das que 600 pertencen á provincia de Lugo.

Con estes datos, a cifra de parados rexistrados en Lugo queda nos 18.950.

No referente ás afiliacións á seguridade social, Lugo perdeu un 0,44 de cotizantes, uns 1,400; algo menos que o descenso medio en Galicia que se situou no 0,64%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com