A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez confirmou esta mañá que técnicos municipais están estudando se as casetas do polbo do San Froilán cumpren as bases e os pregos de condicións estipulados na adxudicación.
Segundo publica o xornal La Voz de Galicia, algúns hosteleiros veñen denunciando que as catro casetas do polbo instaladas incumpren algunhas das condicións pactadas co Concello no que se refire, por exemplo, aos materiais empregados na cuberta, á pintura empregada, ou no aspecto que deben ter as instalacións, similares ás dunhas casetas de feira tradicionais; mentres que as actuais contan cunha apariencia similar ao duns restaurantes.
Segundo Lara Méndez “nas propias bases tamén se fala da excepcionalidade”, polo que os técnicos están estudando se eses aspectos están incluídos dentro de dita excepcionalidade. De non cumpriren os pregos de condicións, algúns hostaleiros poderían levar o tema pola vía xudicia.