Este serán contra as 20,30 horas co pregón que lerá Paco Nieto dende o balcón do concello darán comezo as Festas de San Froilán 2016. Tal e como anunciou o propio pregoeiro, no decurso da lectura este fará unha serie de peticións que dende aquí agardamos se cumpran pois, Nieto é unha persoa con visión de futuro e de seguro que as súas peticións, redundarán en beneficio da cidade e dos seus habitantes. Unha vez rematado o pregón, comezará unha sesión de fogos de artificio e xa estaremos inmersos na tolemia das festas, aínda que dende o pasado domingo, moitos e moitas lucenses, xa gozaron das barracas e do polbo e outras viandas que se serven nos “garigolos”, que é o nome que tiñan os lugares onde se comía o polbo e que se coñecen actualmente como casetas.
Dende Xornal de Lugo queremos desexarlles a toda a veciñanza e aos que nos visitan que gocen da festa e da troula pero con sentidiño.
LUCENSES!!! Saúde e Festa.