A raíña Letizia inaugurou esta mañá en Mondoñedo o curso de formación profesional. Fíxoo no IES San Rosendo deste concello. A raíña fixo a súa chegada contra as once e media da mañá nun helicóptero que aterrou nun campo de fútbol próximo ao centro. Alí foi recibida por numerosas autoridades e ducias de mindonienses que quixeron saludala e sacar fotos con ela. Con todo, ás portas do instituto tamén tivo lugar unha concentración convocada polo sindicato CIG pedindo a derogación da Lomce.
Letizia saudou aos alumnos matriculados no centro nos diferentes ciclos formativos, todos eles relacionados coa xestión do medio natural e forestal. Algúns deles ensináronlle á raíña algunhas mostras do seu traballo. Entre os agasallos que recibiu Letizia atópase un ramo de flores que lle entregaron os alumnos ademais dunha réplica da catedral de Mondoñedo en miniatura e produtos do concello como tomates, ou unha tarta.
Entre as autoridades que acompañaron á raíña durante a súa visita está o futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o ministro de Educación en funcións, Íñigo Méndez de Vigo ou a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.
Consulta o vídeo da vista: