Máis de 700 alumnos matricúlanse nos cursos da Escola Municipal de Música

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitaron aos alumnos matriculados nas distintas materias que se imparten na Escola Municipal de Música de Lugo, que conta máis de setecentos estudantes e máis de mil matrículas nos diferentes cursos que se ofertaron. Neste curso comezaron a impartirse novas especialidades musicais, cunha materia de banda infantil e outra de iniciación ao piano. Tamén se puxo en marcha un servizo de préstamo de instrumentos dirixido a aqueles alumnos con escasos recursos económicos.

O Concello adquiriu recentemente para a Escola Municipal de Música de Lugo diversos materiais didácticos e audiovisuais cunha inversión de preto de 5.700 euros, en resposta á petición realizada polos mestres da escola e para mellorar a impartición das distintas materias.

Deste xeito, cambiáronse os tubos fluorescentes por outros de leds, mellorando deste xeito a calidade da luz e contribuíndo a reducir o consumo enerxético. Tamén se adquiriron partituras de percusión, ou cd´s para música tradicional, ou uns altofalantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com