Dúas persoas, unha menor e a súa avoa, foron evacuadas despois de sufriren un intoxicación por acumulación de fume. O suceso ocorreu ás 10:30 horas nunha vivenda situada no lugar da Piegueira, no concello lucense de Abadín.
O foco do fume foi unha cociña de leña que tiña o tiro baixo, aclararon os Bombeiros de Vilalba. A fumareda afectou ás dúas persoas que nese intre estaban na casa, unha menor e a súa avoa. Ambas as dúas foron, inicialmente, trasladadas ao Centro de Saúde da localidade.
Tras recibir a alerta, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos bombeiros e dos axentes da Garda Civil. Os profesionais sanitarios estaban xa en camiño.