A feira ExpoRural reúne esta fin de semana máis de 200 cabezas de gando

Esta fin de semana terá lugar unha nova edición de ExpoLugo Rural. Trátase da feira adicada ao eido gandeiro, agroalimentario e a artesanía, e que se celebrará esta fin de semana na capital luguesa, coincidindo co San Froilán. A Deputación colabora cunha achega económica de 14.500 euros e a través do CENTRAD, levando un stand con pezas de artesáns da provincia. O Concello achega máis de 4.000 euros.

Haberá 40 expositores con produtos autóctonos e de alimentación, e participarán máis de 200 cabezas de gando. Haberá outras actividades complementarias como premios, mostras de artesanía ou degustacións. A organización prevé a asistencia de 10.000 persoas.

O deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez, cualificou esta cita “como un evento imprescindible para todos os profesionais que se adican a este campo, e onde ademais pode convertese nunha boa plataforma de desenrolo e de dinamización económica da provincia”. O deputado anunciou que organismo provincial promoverá un concurso de raza de frisón que se celebrará o vindeiro ano neste mesmo Pazo. Remarcou que o organismo provincial “sempre será sensible aos problemas dos nosos gandeiros, por iso apoiaremos todo tipos de iniciativas e eventos que sirvan de escaparate para poñer en valor o gando galego, a calidade da nosas materias primas, e que ademais contribuían a mellorar a calidade de vida dos nosos agricultores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com