O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, cuestionou o control que o goberno municipal fai sobre a empresa instaladora das luminarias ornamentais que foron contratadas para estas festas do San Froilán. Arroxo dixo que “ademais do suceso que puxo en perigo a moitas persoas na Praza Maior o día do pregón, detectamos como o propio día de San Froilán aínda se estaban instalando luces nas inmediacións do recinto feiral”.
En referencia ao desprendemento provocado nunha fachada da Praza Maior, Arroxo sinalou que “queremos saber se hai algunha directriz sobre os elementos de anclaxe para a instalación dos elementos ornamentais lumínicos”. O voceiro nacionalista cuestionou que “non sabemos quen marca os criterios sobre os lugares nos que se poden anclar as luminarias e se hai algún técnico competente que controle este tipo de instalacións”. Arroxo lembrou que “o que sucedeu o martes puido converterse nunha auténtica desgraza”.
“Na tarde do día 5 aínda se estaban instalando luminarias ornamentais no entorno do parque de Rosalía e esto non é normal”, asegurou Arroxo e informou de que “a instalación tería que estar rematada e revisada antes do comezo das festas, é evidente que existe responsabilidade por parte da empresa e do goberno municipal que é quen ten a obriga de controlar que as adxudicatarías cumpran cos contratos asinados”.