Portomeñe celebra o arquivo da querela que lle interpuxo Orozco e di que “non o van calar”

O voceiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas, Carlos Portomeñe, celebra o arquivo da querela presentada contra el polo ex alcalde de Lugo, José López Orozco por calumnias, logo de que Portomeñe cualificase o plan de urbanismo da cidade do ano 2006 como “ilegal”.

Orozco aínda pode presentar recurso a dita resolución. Con todo, Portomeñe ratifícase nas súas declaracións e volve denunciar irregularidades no Plan de 2006 por entender que se elaborou con respecto a unha lei anterior, sen contemplar os cambios normativos que a normativa obrigaba nese momento.

A este respecto, o voceiro de ACE sinala que “non o van poder calar” e que seguirá sendo implacable denunciando o que considera ilegal. “De sobras é coñecido que Carlos Portomeñe é implacable contra a corrupción e non me van calar utilizando ningún tipo de triquiñuela que pretenda facer que eu cale cando considere que se está cometendo unha irregularidade”, sentenciou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com