Un total de 247.770 persoas accederon entre os meses de xullo, agosto e setembro ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, deu a coñecer os datos do balance de visitantes á praia das Catedrais, que neste ano se incrementaron nun 25% respecto dos datos rexistrados no mesmo período de 2015.
O reparto por meses é o seguinte: 81.903 foron en xullo, 116.885 en agosto e 48.982 en setembro; o que tamén se traduce en que se completou o aforo nun total de 29 días, tres no mes de xullo e 26 no mes de agosto; fronte aos cinco días rexistrados
Tal e como explicou a directora xeral de Conservación, analizando aos datos de visitantes segundo a procedencia obsérvase que a maioría veñen doutras Comunidades Autónomas, principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Asturias, Sevilla, León e Biscaia; tendo en conta a información que facilitan ao solicitar a súa autorización a través da páxina web.
Tamén indicou que o número de visitantes estranxeiros incrementouse ata case os 8 puntos no computo global con respecto ao ano 2015, cando se rexistraron 7.184 fronte aos 18.356 desde ano, é dicir, duplicouse o número visitantes estranxeiros.
En total, 15.644 persoas participaron nas visitas guiadas, sendo o mes de agosto o período no que se rexistrou un maior número de de visitas. A directora xeral de Conservación recordou que este verán, ao igual que en 2015, se mantivo a actividade de visitas guiadas gratuítas polo monumento natural. Estas visitas están guiadas por persoas tituladas e no transcurso das cales se facilita información e se divulgan os valores ambientais do espazo natural.