A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este venres na Praza Maior a exhibición de fiandeiras, cantareiras e gaiteiros realizada pola Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira dentro das festas do San Froilán.
A alcaldesa tamén se incorporou coa pandeireta a tocar unha peza co grupo de gaiteiros, de seguro que se lembrou da súa etapa como mestra de baile galego.