A Feira das San Lucas de Mondoñedo celebra a súa 860 edición

A alcaldesa mindoniense, Elena Candia, xunto co presidente da Asociación Cultural As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto,  presentaron esta mañá o programa das Feiras das San Lucas para este ano 2016, acompañados por outros membros do ente organizador do evento e polo concelleiro de Xuventude, Alberto García. As San Lucas, que se celebran anualmente na localidade lucense de Mondoñedo, terán lugar este ano dende o venres 15 ao sábado 23 de outubro, de xeito que recuperan os oito días de celebración tradicionais. Segundo os comparecentes na rolda e prensa, As San Lucas “ostenta o cargo de ser a festa máis antiga de Galicia e unha das que conta con máis tradición en toda Europa”,

 As San Lucas, unha festa con máis de tres cuartos de século

 “Contar en poucas palabras que son as Feiras das San Lucas non é tarefa sinxela. Só quero apuntar como dato histórico que naceron en 1156 cando se lle concedeu a Mondoñedo o título de cidade; e este nomeamento leva consigo o privilexio de celebrar unha feira de oito días que desde entón se fai de xeito ininterrompido”, destacou Souto.

Pola súa banda, a alcaldesa mindoniense, sinalou tamén que, “este ano combinamos o carácter máis tradicional da feira con novas incorporacións, convertendo a As San Lucas nunha das festas que atraen a todos os públicos”. E engadiu que “é un feito obxectivo que celebramos As San Lucas porque todos os visitantes e feirantes, xunto aos mindonienses, seguimos sendo fieis ás nosas tradicións e así o transmitimos de xeración en xeración”.

Candia recordou unhas verbas do propio escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, quen dicía que: “quizais non haxa en Europa horas mais antigas que as que se poidan pasar en Mondoñedo nas San Lucas”.  “Invitámosvos a participar delas e coñecer a nosa historia, que forma parte da vosa”. Así, invitou a todos os asistentes a participar da programación deste que como é tradición ten ao gando cabalar como o seu máximo epicentro. “Mondoñedo está de moda y durante As San Lucas es un buen momento de conocer nuestra ciudad”.

Ambos destacaron o feito de preservar, ano tras ano, o seu aspecto máis tradicional, unha tradición que se mantén viva no tempo e que ten no gando cabalar o seu gran protagonista .Pretendemos que un ano máis, o 18 de outubro Mondoñedo volva a ser a capital que foi no antigo Reino de Galiza, e queremos que as galegas e galegos, se sintan orgullosos de ter unha das feiras mais antigas de Europa,  que as desfruten e as sintan súas. Porque son un dos principais patrimonios inmateriais do noso país.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com