Domingo das mozas

Milleiros de persoas participaron esta mañá nos actos centrais do Domingo das Mozas, animadas polas boas temperaturas e o carácter festivo da xornada, no que Lugo cumpriu de novo coa tradición homenaxeando ao traxe tradicional galego e a Rosalíade Castro. Fíxoo da man da Asociación de Amigos do Traxe Galego, que ofreceu diante da Casa do Concello un desfile dunha trintena de traxes tradicionais, tanto de garda, como de ir á feira e de cotío.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañadas por membros da Corporación Municipal, recibiron ao colectivo, ao que lle agradeceron o seu traballo por poñer en valor e fomentar o uso do traxe tradicional galego.

Tras o desfile, membros da Corporación, ataviados coa vestimenta tradicional, veciños e visitantes trasladáronse ao Parque de Rosalía de Castro, onde tivo lugar á ofrenda floral á escritora que lle dá nome.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou á oferente a Rosalía de Castro, que este ano foi Lupe Bao Reixa, quen naceu o 12 de decembro de 1978 na parroquia luguesa de Santa Comba e é mestra de mecánica, ademais de escritora. Tamén, é autora do libro Mecánica poética e barbaridade, escribiu en varias publicacións colectivas como a revista Xistral, Poetas en Lugo ou Un feixe de poesía e formou parte do xurado do premio narrativo Ánxel Fole, que organiza o Concello de Lugo.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com