Un incendio calcina un alpendre na Fervedoira

Un incendio calcinou esta noite pasada unha especie de alpendre que os seus donos utilizaban de taller e de almacenaxe de maquinaria pesada, na Fervedoira, en Lugo.

Os Bombeiros da cidade desprazáronse ao punto tras ser alertados polo 112 Galicia, e, unha vez extinguido o lume, confirmaron que ardeu unha zona do almacén sen afectar á maquinaria que había no seu interior.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. O incendio tivo lugar sobre as 23:30 horas da noite pasada, foi a esa hora, cando un particular informaba ao 112 Galicia de estoupidos e lapas nunha finca da Fervedoira. Así, decontado, pasouse o aviso aos medios de extinción, Policía Local e Protección Civil.

Tamén se informou ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com