Méndez cre que os bombeiros chegaron nun tempo “razoable” ao incendio do feiral

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, defendeu esta mañá a actuación dos bombeiros no incendio que se rexistrou esta fin de semana nun posto de comida rápida situado no recinto feiral do San Froilán. Segundo a rexedora, os efectivos chegaron nun tempo “razoable”, que cifrou en 13 minutos no caso dos bombeiros e 8 minutos no caso da Policía local.

Ademais, Méndez tamén aludiu ao feito de que o incendio se rexistrase nun cambio de quenda dos efectivos de extinción. “Ás veces tamén coinciden cambios de horario e é unha situación que se dá de forma excepcional. Evidentemente cando hai unha desgraza os minutos poden facerse eternos e todo o tempo que se dilate non é bo nin aconsellable, pero no feiral sempre hai un camión de bombeiros de retén e ao mellor coincidiu que estaban nun cambio de quenda”, sinalou a rexedora.

Con todo, Lara Méndez, volveu considerar que se acudira ao lugar dos feitos nunha marxe razoable tendo en conta a masiva afluencia de xente na xornada do domingo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com