Representantes dos traballadores do sector da seguridade manifestáronse esta mañá fronte ao Concello de Lugo para protestaren pola adxudicación provisional á empresa Alcor do servizo de vixilancia nos Centros Socioculturais.
As centrais sindicais denuncian que se trata dunha empresa que xa foi expedientada polo Concello por levar a cabo prácticas anticompetitivas e que está sendo investigada por obrigar aos seus traballadores a traballaren un número excesivo de horas.
José Manuel Brea, de Comisións Obreiras, pídelle ao Concello que lle impoña a empresa respectar ás cláusulas sociais, algo que foi aprobado en pleno e proposto por diferentes grupos en diferentes ocasións e que garantiría os dereitos laborais dos empregados.. Brea sostén que a entidade local aínda está a tempo de facelo xa que a adxudicación a Alcor aínda é “provisional”.
A protesta foi respaldada por membros de Lugonovo e outros grupos da corporación local.