Unha colisión entre unha furgoneta e dous coches deixa tres persoas feridas na A-6, ao seu paso polo concello de Lugo. O sinistro produciuse preto da saída 497, en dirección A Coruña.
Unha das persoas feridas tivo que ser trasladada nunha ambulancia polos efectivos sanitarios ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia ás 20:30 horas da pasada tarde para dar conta dos feitos. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.