O San Froilán supera os 600.000 visitantes e deixa en Lugo uns 12 millóns de euros

O San Froilán 2016 conseguiu sobrepasar a cifra de 600.000 visitantes, superando así as cifras da anterior edición segundo as estimacións do Concello. Segundo o Goberno local, os festexos deste ano lograron “superar as expectativas”, ao deixar na cidade un impacto económico de en torno a 12 millóns de euros, xa que estiman que cada persoa realizou nas festas un gasto medio de 20 euros.

Os eventos que tiveron máis afluencia de público foron os concertos de Loquillo, Abraham Mateo e Carlos Núñez, todos eles na Praza Horta do Seminario. Segundo a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, a cifra de asistentes nestas tres citas roldou as 7.000 persoas. Para Basadre, neste San Froilán “recuperouse a esencia das festas”, ao haber máis participación nas rúas por mor do bo tempo.

Ademais, os hoteis da cidade rexistraron un cheo absoluto o sábado día 8 e non baixaron do 90% días como o venres 7 ou o martes día 11, segundo a Asociación de Hostalaría de Lugo. No referente ás peticións de información nas oficinas de turismo, recibíronse unhas 10.000.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com