Lara Mendez

Lara Méndez defende que Leiceaga está “lexitimado” para ser voceiro parlamentario do PSdeG

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, defende que Xoaquín Fernández Leiceaga está “lexitimado” para ser o voceiro parlamentario do PSdeG, ao ser escollido pola xestora que nestes momentos dirixe o partido e ao ser o candidato escollido pola militancia en primarias para ser candidato á presidencia da Xunta. “A priori creo que é a persoa máis idónea porque acada o consenso dos militantes para ser o portavoz”, subliñou Lara Méndez.

Méndez engadiu que no momento no que se conformen unhas novas direccións a nivel estatal e galego, se esas direccións estiman que o voceiro parlamentario dos socialistas debe ser outra persoa, podería deixar de ser Leiceaga. Con todo, “neste momento quen ten a decisión é a xestora e ademais do aval da gestora ten o aval dos militantes”.

Segundo a rexedora, o Partido Socialista non vive “o seu mellor momento”, tralas confrontacións escenificadas do pasado Comité Federal que acabou coa destitución do até entón secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com