Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP critica a falta de avances na mellora de Duquesa de Lugo e a Fervedoira

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, critica que o goberno local aínda non teña avanzado na mellora de Duquesa de Lugo e de A Fervedoira. En concreto, o popular aféalles aos socialistas non ter dado cumprimento ao acordo plenario de decembro de 2015 para o desdobramento da rúa Duquesa de Lugo, “pendente dende que o PSOE chegou á alcaldía de Lugo o século pasado”, nos treitos comprendidos entre Paulo Fabio Máximo e a rotonda á altura da rúa Garaballa de Arriba así como entre o centro comercial e a rotonda de Benigno Rivera, xa no polígono do Ceao.

A ese respecto, os populares reclaman “á maior brevidade posible” a implementación dunha actuación “global” que abranga tanto o inicio dos estudos, tramitacións e proxectos precisos para levar a cabo o desdobramento dos treitos pendentes, así como para contemplar a instalación do alumeado público ao longo da avenida e dotala de beirarrúas nos centos de metros nos que non as hai”.

Así mesmo, Ameijide reprocha aos socialistas o incumprimento “dos compromisos que o novo goberno formulou publicamente”, en referencia a que nin se avanzou para crear un carril bici alí como anunciaran en marzo deste ano nin tampouco transformaron en rotonda a intersección que da acceso ao parking do centro comercial de As Termas(intervención aprobada na xunta de goberno do 31 de agosto e que tiña como prazo de execución dous meses.

No relativo á Fervedoira, o vicevoceiro popular reclama que “non quede tampouco no caixón a intervención que levamos anos reivindicando dende o Grupo Municipal do Partido Popular”, en alusión á corrección de “situacións de claro risco” que se están a xerar no treito da N-640, como é o caso das inmediacións das paradas de autobús, “ás que se chega sen que haxa beiraserrúas que dean certidume aos usuarios e ás que non se pode atravesar dende o outro lado da estrada debido á inexistencia de pasos de peóns”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com