1.300 ciclistas no Día da “Bici” en Lugo

Esta mañá celebrouse o Día da Bicicleta, no que tomaron parte uns 1.300 ciclistas. O Concello colaborou un ano máis con esta iniciativa que busca concienciar da importancia do uso de medios de transporte respectuosos co medio ambiente, a fin de garantir unha mobilidade sostible. O recorrido en bici, que comezou ao redor das 11:30 horas na Praza Maior, discorreu por Bispo Aguirre, Ronda da Muralla, rúa Vilalba, Ramón Ferreiro, Anxo López Pérez, e de novo Ronda da Muralla, cara a Avenida da Coruña, para rematar no centro comercial As Termas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, estiveron presentes na Praza e saudaron aos participantes no vento ciclista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com