O BNG propón o arranxo do calexón da rúa Milagrosa

O BNG presentará unha proposta ao goberno municipal para que se proceda a mellorar o pavimento e a limpeza do calexón da rúa Milagrosa. O voceiro da formación, Rubén Arroxo, visitou este calexón con veciños da zona para coñecer as súas demandas. “Trátase unha vía pública que se atopa nunha situación de abandono e que precisa de pequenos amaños que, con moi pouco investimento, mellorarán considerablemente a calidade de vida das veciñas e veciños da zona”, salientou Rubén Arroxo.

Arroxo explicou que “habería que executar unha pequena intervención sobre o pavimento para evitar a acumulación de augas pluviais”. Ademais é preciso facer unha limpeza de todo o musgo que medra no calexón e dar unha solución á prancha metálica que atranca a saída do calexón. Arroxo explicou que o predio contiguo ao calexón é unha fonte de roedores, suciedade e maleza que debería estar totalmente illada do propio calexón.

Arroxo lembrou que “é unha pequena obra que melloraría a vida das persoas que viven nesta barrio histórico da cidade” e engadiu que “o goberno municipal debería utilizar a brigada de obras municipal para acometer estes pequenos arranxos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com