O Concello de Lugo comprometeuse a expropiar os terreos do muro da Avenida da Coruña que dificulta o paso dos veciños entre os portais 362 y 372. Foi trala xuntanza que onte mantiña a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e representantes dos veciños da zona, que realizaron protestas nas últimas semanas para pedir a súa retirada.
Esta mañá o voceiro do Goberno local, Miguel Fernández, sinalou que xa se iniciaron os contactos con algúns dos propietarios dos terreos, aínda que se trata “dun tema complexo”, xa que conflúen tres parcelas e nalgúns casos “é complicado coñecer a titularidade das mesmas”.
Con todo, Fernández di que “hai vontade de solucionar ese tema “e que se abordará “coa maior axilidade posible”. De momento colocarase unha sinal vertical luminosa para gañar en seguridade e revisaranse todas as sinais verticais naquela zona.