Un lazo rosa de flores conmemora na Praza Maior o Día Internacional contra o Cancro de Mama

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da Corporación Municipal, participaron este mércores na Praza Maior, diante da Casa Cosnistorial, nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, organizados pola Asociación Española contra o Cancro (AECC), coa que colabora o Concello, e o grupo El Progreso.

A rexedora, quen agradeceu o traballo que leva facendo durante 63 anos a Asociación Española Contra o Cancro, destacou a incidencia do cancro de mama, con máis de 26.500 casos en España. Nesta liña subliñou a importancia de concienciación da sociedade deste tipo de doenza de gran impacto social, posto que unha de cada 8 mulleres padecerá a enfermidade ao longo da súa vida. Así mesmo quixo amosar o apoio do Concello a todas as mulleres que padecen cancro, e as súas familias e amigos.

A alcaldesa e os edís colaboraron na construcción dun grande lazo composto por prantas cunha maceta de cor rosa, símbolo de loita contra esta enfermidade. Previamente, tivo lugar a lectura dun manifesto, a cargo de Tatiana Teijeiro, doente deste cancro, quen reivindicou melloras no diagnóstico e tratamento da sanidade pública.

O Concello tamén se sumou aos actos destes día coa colaboración dun gran lazo rosa no balcón da Casa Consistorial

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com