Inaugurado o novo curso académico na UNED

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto e representantes da UNED participaron este xoves  na inauguración do novo curso académico da UNED de Lugo. No acto, a rexedora deu a benvida a todos os alumnos e demais membros da Comunidade universitaria da UNED, ao tempo que puxo en valor a importancia de que a cidade conta cun centro asociado da universidade a distancia, que é un referente en formación par aos lucenses que recorren a esta disciplina de educación para continuar a súa formación académica.

Do mesmo xeito, quixo subliñar a colaboración do Concello, que é membro do seu padroado, con esta institución, na súa aposta pola educación pública, que permite contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Para rematar, a rexedora convidou ao alumnado a acollerse a todas as posibilidades de formación posibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com