Arden por completo un coche mentres circulaba pola A-54, á altura de Guntín. O sinistro tivo lugar pasadas as nove da noite de onte. A persoa que viaxaba no interior, un home de avanzada idade, puido saír sen problemas.
Segundo indicaron desde o servizo de Urxencias Médicas, o coche empezou a arder despois de colidir con outros dous, pero ninguén resultou ferido.
O vehículo quedou completamente calcinado. Os Bombeiros de Chantada e os membros do GES de Monterroso encargaronse de sufocar o lume e despexar a vía. Tamén colaborou o equipo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.
Igualmente, o persoal do 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico.