O Concello de Lugo acometeu o repintado dun paso de peóns na Avenida da Coruña e as respectivas liñas de seguridade para garantir a seguridade viaria. Fíxoo tras comprometerse a Alcaldesa, Lara Méndez, o pasado martes nunha reunión coa veciñanza da zona, quen lle fixo chegar á rexedora a súa preocupación pola perigosidade deste paso de peóns dado a súa escasa visibilidade.
Entre as demandas dos veciños que aínda queda pendente está a d e suprimir o muro que dificulta o paso dos veciños entre os portais 362 e 372. O Concello comprometeuse nos últimos días a expropiar os terreos correspondentes para a súa eliminación.
Con todo, indican que se trata “dun tema complexo”, xa que conflúen tres parcelas e nalgúns casos “é complicado coñecer a titularidade das mesmas”.