Cando se fan 100 anos da chegada a Lugo de Federico García Lorca a edil do BNG, Maite Ferreiro, pediu a reposición da placa que conmemorativa desta visita que fora instalada na praza de Pío XII en Lugo en outubro do ano 2006. Foi o 28 de outubro de 1916, cando Federico García Lorca tiña 18 anos, chegou a Lugo xunto con outros catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha “excursión de arte” por diversas vilas e cidades. “Entendemos que sería unha boa maneira de celebrar o centenario restituindo a placa de homenaxe que lembraba esta visita na cidade de Lugo” dixo Maite Ferreiro.
A colocación, en Lugo, da placa conmemorativa fora inciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galicia e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta granadino á cidade de Lugo para celebrar unha serie de actos e instalar a placa na praza de Pío XII. Maite Ferreiro lembrou que foi o escritor Paco Martín quen fixo de condutor do acto no que quedou ó descuberto a obra do escultor Urza.
Segundo os diarios da época, Federico García Lorca chegou a Santiago de Compostela o 25 de outubro de 1916. Ademais da primeira visita de Federico García Lorca á cidade de Lugo e a Galiza no 1916, o poeta granadino visitou, de novo a cidade de Lugo, no 1932. Tras o comenzo da guerra civil, na madrugada do 18 de agosto de 1936, Federico García Lorca foi fusilado polos golpistas, con 38 anos de idade, xunto a un olivo na estrada que une as localidades de Víznar e Alfacar en Granada.