A Deputación celebra o 10º aniversario dos Ancares Lucenses como Reserva da Biosfera

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves nos actos organizados polo organismo provincial con motivo do 10º aniversario, este 27 de outubro, da declaración de Reserva da Biosfera por parte da UNESCO dos Ancares Lucenses.

Fíxoo en Cervantes, acompañado polo Alcalde, Benigno Gómez Tadín, o Secretario do MaB, Francisco J. Cantos, o Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, o Tenente de Alcalde de Becerreá, Claudio Vázquez, e de ducias de representantes de 11 colectivos que, a partires de hoxe, en total integran o órgano de xestión participativo deste espazo natural e que este mesmo xoves xa acordaron as novas programacións de impulso da zona a levar a cabo.

A xornada comezou no Piornedo, onde Campos Conde, López Izquierdo e Gómez Tadín mantiveron un encontro con veciños deste núcleo logo das obras de rehabilitación das Pallozas, responsabilidade legal da Xunta ao seren BIC, pero coas que colaborou a Deputación; así como das de dotación de alumeado e saneamento público, sistemas que non existía e que por este motivo propuxo levar o organismo provincial. O conxunto destas actuacións contaron con 260.000 euros, financiado nun 65,5% pola Deputación de Lugo e nun 34,5% pola Xunta de Galicia.

A continuación visitaron aos alumnos do CPI de Cervantes, que expuxeron o proxecto de seguimento fenolóxico que están a levar cabo. Consiste no estudo e cambio das especies vexetais da Reserva dos Ancares con motivo das variacións climatolóxicas. Na visita tamén participou o Secretario do Comité MaB e responsable de Relacións Internacionais das Reservas da Biosfera do Organismo Autónomo de Parques Nacionais, Francisco J. Cantos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com