Varios veciños de Taboada din ter visto un meteorito onte á tarde

O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 atendeu nas últimas horas varias chamadas de persoas particulares informando da presenza dun corpo incandescente no ceo desde varios concellos, entre eles o lucense de Taboada. Dito corpo, segundo apuntan, podería ter sido un meteorito.

Os profesionais do 112 Galicia recibiron os primeiros avisos ao fío das 20:00 horas da pasada tarde dende varios puntos da xeografía galega, como Vigo, Oroso, Taboada ou Allariz. Nesta última localidade, Protección Civil explicou ao 112 que foron varios veciños os que aseguraron ter visto o suposto meteorito.

En Taboada, entre tanto, unha muller aseguroulle ao 112 Galicia que vira caer un corpo incandescente nun prado. Polo de agora, o Centro de Atención ás Emerxencias non ten constancia de que os corpos mobilizados atoparan os restos dese posible meteorito. As forzas da orde, así e todo, volverán esta mañá inspeccionar a zona na procura dalgún indicio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com