Un accidente en cadea entre catro turismos deixa outras tantas persoas feridas en Lugo. En detalle, o sinistro tivo lugar no quilómetro 501 da N-VI, en sentido Madrid, á altura do Estadio Anxo Carro.
Todas as persoas feridas foron trasladadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.
O 112 Galicia recibía o aviso da colisión múltiple ao redor das 21:20 horas de onte. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.