Ribadeo tínguese de loito para denunciar a violencia machista

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo levará a cabo a campaña Ribadeo en Negro sumándose deste xeito á iniciativa que se desenvolve noutros 15 concellos de Galicia.  A titular deste departamento, Mariluz Álvarez Lastra, salientou que “o obxectivo é que Ribadeo se vista de negro”, tinguindo desta cor os escaparates e establecementos de hostalaría entre o 18 e o 28 de novembro para amosar a repulsa á violencia machista.

Desde o Concello de Ribadeo sinalaron que xa contactaron co sector comercial, cos bares, coa hostalaría da nosa vila, cos centros educativos, co centro de saúde e con diferentes entidades para que se sumen a esta campaña.

Álvarez Lastra lembrou que “o mesmo que o ano pasado fixemos un apoio e sensibilización contra a violencia de xénero cunha cadea humana, este ano pretendemos que durante todo este período do 18 ao 28 de novembro, que incluirá tamén o día 25 un acto central, sexamos capaces de tinguir a Ribadeo de negro en repulsa contra a violencia machista e contra os asasinatos de mulleres, que cada ano van en aumento”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com