Descóbrese na Reserva da Biosfera Terras do Miño un novo fungo para a ciencia

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, foi o escenario dun novo achado para a ciencia, un fungo denominado Xerocomellus poederi, que foi publicado na revista internacional Persoonia de xullo de 2016.

O descubrimento deste novo fungo foi posible grazas aos estudos realizados por investigadores do Departamento de Biología Vegetal de la Universidad de Alcalá de Henares, tras as mostras recollidas no contexto do VII Encuentro Internacional de Micología do Arco Atlántico, celebrado en Lugo o pasado 2013, e organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus, coa colaboración do organismo provincial.

Este descubrimento é unha mostra máis da grande riqueza e biodiversidade fúnxica existente nos ecosistemas da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e amosa a importancia de apoio ás actividades de estudio e coñecemento desta riqueza e a realización de eventos científicos desta calidade.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com