Todos os grupos políticos que conforman a corporación de Lugo acordaron esta mañá xuntar esforzos desde o ámbito político para defender a continuidade da Escola de Música e a Banda Municipal.
Así o acordaron mañá os representantes de todos os partido tras a convocatoria dunha xunta de voceiros que chega despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ameaza a continuidade deste servizo. Dita sentenza cuestiona que os membros da banda municipal poidan dar clase na escola a cambio dun aumento de salario, tal e como acontecía até o de agora.
Desde o Concello xa anunciaron que estudarán presentar recurso ante dita sentenza. Con todo, desde o Partido Popular denuncian que este servizo estaría garantido se o Goberno local houbese actualizado a Relación de Postos de Traballo (RTP) para regularizar a actividade dos seus empregados.
Na mesma liña, Ciudadanos pídelle ao Goberno local que elabore canto antes unha nova RTP que deixe sen efecto a sentenza do alto tribunal galego. No BNG, o seu voceiro Rubén Arroxo celebrou o acordo entre os grupos para defender a escola municipal.