O Museo Provincial de Lugo acollerá os días 6, 7 e 8 de marzo o II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración, coa participación de trinta e oito especialistas recoñecidos internacionalmente.
Encarna Lago, xerente da Rede Museística, explicou que se tratará dun congreso no que os relatorios se basearán no diálogo horizontal entre os expertos e o público, e as comunicacións presentaranse en formato audiovisual.
O obxectivo é buscar vías de relación entre as temáticas de xénero, arte, migración e museos, sobre a base de experiencias prácticas ou propostas teóricas.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.